Romaría
do Lecer

Día da
Muñeira

Concurso de
Baile Tradicional

Concurso de
Música Tradicional

Romaría do Lecer

A Romaría do lecer celébrase desde o ano 2001, no mes de xuño no Anfiteatro do Parque de Santa Margarita.Con esta Romaría ademáis de pechar o curso preténdese recuperar o "sabor" de festa e lecer das antigas romarías galegas, así, contaremos coa presencia de figuras xa imprescindibles nestas festas, como as rosquilleiras, contacontos, a pulpeira, os grupos folk, ...

Xacarandaina (coa colaboración imprescindible de outras entidades e asociacións e das institucións públicas) invita, a todos os que queiran a achegarse ata o parque de Santa Margarita, a pasar un día enteiro de lecer o aire libre, desde as 11,00 da mañá ata as 24,00 horas.



No primeiro ano a asistencia de público xa foi bastante alta xa que se acadou a cifra de 2.000 persoas asistentes como espectadores ademáis dos 1.000 alumnos e alumnas que pasaron polo esceario.

Pero a mellor nova é que cada ano a asistencia é maior e sobre todo non se pecha a xente próxima á asociación senón que participa xente de toda a cidade e arredores. Esto animanos a seguir traballando para intentar que este día se asente na xente e na cidade da Coruña como un día de homenaxe participativo ó folcklore e cultura galegas, e axudar así a que os coruñeses nos sintamos máis orgullosos das nosas tradicións, sen deixar que se extingan. Ó longo do día sucédense os diferentes actos da programación: