Xacarandaina

Próximas actividades:

Merca de Trenzas

Serán dos Namorados de Toutón

Contacontos na biblioteca González Garcés

Festa de Entroido

Curso Carmen Rey

Estás en: Inicio

Novas


Quinta etapa do Camiño de Inverno

Nova etapa de XacadAndaina

O día 5 de febreiro é a nosa próxima cita no Camiño de Inverno.

A ruta comezará en Barxa de Lor e camiñaremos ata Monforte de Lemos, arredor de 20 km. Esta etapa é máis curta e a típica visita farémola ao remate da andaina, así non andaremos co tempo tan xusto.

NOTA: No caso que fora necesario o pago da entrada a museos ou monumentos non iría incluída no prezo.

A inscrición xa está aberta, e remata o 2 de febreiro, data límite de pago.

Lembrade que no caso de non asistir a andaina, deberá ser avisado antes de que remate o prazo de inscrición e pago, se non, non se devolverá o importe.

Como dixemos ao comezo das andainas deste ano, os prezos baixan tras as primeiras etapas, nesta ocasión o prezo para socios son 15 € e para non socios 19 €.

Ler máis
 

Entroido en Xacarandaina

Festa de Entroido!

Temos preparada unha festa para os rapaces e rapazas da asociación o domingo 19 de febreiro ás 17 h.

Haberá música, bailes, moitos xogos, agasallos, merendola, … e moita, moita diversión.

Ler máis

 

Contacontos con Xacarandaina

XacaCulturais: contacontos

A Compañía Trinke Trinke realizará un contacontos, para nenos de 3 a 7 anos na biblioteca González Garcés.

O horario é de 11:00 a 12:30.

A actividade é gratuíta. Apúntate ata o 3 de febreiro ;)

Será o sábado 4 de febreiro, biblioteca González Garcés (detrás do Centro Comercial de Elviña). NOTA: Presentarse na porta ás 10:45

Ler máis

   


Merca trenzas en Xacarandaina

Si queres lucir nova trenza este ano, Xacarandaina ten pensado facer un pedido a comezos de marzo.

Só tes que:

  • deixar una mostra do teu cabelo
  • indicar o número de mechóns ou guechos que desexas (3 ou 6).

O prezo para os non socios é de 17€ por guecho

O prezo dos socios variará dependendo do número de pedidos.

Tes ata o 5 de marzo para pensalo.

 


Serán dos Namorados de Toutón

Ven a Toutón con Xacarandaina!

Será o sábado 11 de febreiro en Toutón (Mondariz).

O plazo para apuntarse é ata o 4 de febreiro.

Se o número de apuntados é suficiente habilitarase un autobus para gozar o máximo da festa!

E lembrade que cantos máis sexamos máis barato sae o bus :)

 

Ler máis
   

Axenda

Febreiro 2012
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4

Curso de Técnica Vocal

do 13 / 01

ó 02 / 03

Curso de Canto con Carmen Rey

Novo Espectáculo

Séguenos en

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña                
Logo Concello A Coruña

Onde Estamos