Boas a tod@s,
A visita cultura neste mes de decembro será o vindeiro 22 de decembro.
Visitaremos o Belén electrónico de Begonte e o Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) en horario de mañá. Despois do xantar aproveitaremos para facer unha parada en Baamonde e visitar a Casa Museo de Victor Corral.
Sairemos en autobús ás 10:00h. do Pazo da Ópera da Coruña e a hora de chegada será ás 19:30h. O prezo será de 10,00€.
O xantar será a cargo das familias ou concertaremos un menú económico nun restaurante da zona para os que o desexen.
O minimo será de 30 persoas e podédevos anotar na secretaría ata o día 19.