Queres participar no concurso e que a túa postal sexa a gañadora neste Nadal? Só tes que usar a túa imaxinación e habilidade.
Actualización: gañadores das postáis de Nadal:
- Poderá participar calquera soci@.
- Haberá tres categorías:
1ª Categoría: de 3 a 5 anos.
2ª Categoría: de 6 a 9 anos.
3ª Categoría: de 10 anos en adiante.
- O tamaño será de medio folio.
- Cada participante poderá presentar unicamente un traballo.
- Valorase a temática tradicional.
- Debe poñer o nome e idade de cada participante na parte posterior da postal.
As tarxetas compartiranse no Facebook para votación popular e a gañadora de cada categoría recibirá un agasallo na Festa de Nadal, que terá lugar o venres 22 de decembro; e ademais será a felicitación de Nadal da Asociación.
O derradeiro día para a presentación das postais será o 14 de decembro.
Sorte a todas e todos!!!