Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s os soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar unha visita guiada sobre a exposición ‘O bosque’ os días:
- 9 de outubro ás 18:00 h. nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, para adultos.
- 10 de outubro ás 11:00 h. nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, para nen@s.
Como funciona unha árbore? Como se crea o humus? Que é a madeira? Os bosques son os ecosistemas terrestres con maior biodiversidade do mundo. Son unha reserva medioambiental onde se conserva o patrimonio xenético de miles de millóns de anos de evolución. As árbores regulan a humidade e a temperatura, manteñen en funcionamento o ciclo do auga, purifican o aire, favorecen a formación de humus e protexen da erosión. A exposición realiza un percorrido polo complexo ecosistema chamado bosque.
A actividade vai dirixida a tod@s @s soci@s. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 8 de outubro, xa que as prazas son limitadas.
Actividade gratuíta!
Aprende e divírtete con Xaca!
Ligazóns: O Bosque