Desde a nova Xunta Directiva de Xacarandaina queremos informar a todas as socias e socios da Asociación a posibilidade de colaborar con nós na mellora do funcionamento da mesma, participando nas diferentes comisións que todos os anos propoñemos coa idea de que cada un de nós poña o seu gran de area co fin de conseguir unha Asociación na que todas e todos participemos.
Nesta mesma carta indicamos as diferentes comisións que propoñemos para o mellor funcionamento da Asociación, aínda que estamos á disposición de todas e todos os que queiran realizar algunha suxestión, tanto sobre as comisións como sobre o funcionamento da Asociación. A continuación detallamos as comisións propostas:
- Comisión de sendeirismo
- Comisión de campamentos
- Comisión de Día da muiñeira-Foliada-Romaría
- Comisión de prensa e traducción
- Comisión do arquivo audiovisual
- Comisión de festas
- Comisión de visitas culturais – Xacaculturais
- Comisión de círculo
- Comisión de conservación da roupa
Para calquera dúbida, para manifestarnos o voso interese ou para realizarnos alguna suxestión, podedes poñervos en contacto con nós a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , por teléfono no 981 277 315 ou na secretaría da Asociación.
O venres 10 de Outubro ás 19.30 horas terá lugar unha reunión informativa á que pregamos a vosa asistencia. No caso de que alguén non puidera asistir e desexe formar parte dalgunha comisión pode poñerse en contacto con nós a través dos medios indicados no parágrafo anterior.
Xacarandaina somos todas e todos! Precisamos da vosa colaboración!