Xacarandaina

Estás en: Inicio

Derradeira Etapa do Camiño de Inverno

O día 1 de xullo despois de camiñar máis de 250 km., chegamos a nosa meta: Santiago, só nos restan 14 km. Nesta ocasión quedaremos ás 7:45 no Pazo da Opera, como todo o ano, para sair ás 8:00, puntuais. 

Para festexar a chegada, e por suxestión de algúns de vós, temos previsto comer en Santiago. É opcional, por eso debedes especificar no momento de anotaros si iredes ou non á comida. 

O restaurante que escollimos é "O 42" na rúa do Franco.

O prezo da etapa para socios son 12 € e para non socios 16 €. Lembrade que os que fúchedes a todas ás etapas a derradeira é gratuíta (autobús, non a comida). Consultadeo no momento de inscribiros.

 A inscrición xa está aberta, e remata o 28 de xuño, data límite de pago. Lembrade que no caso de non asistir a andaina, deberá ser avisado antes de que remate o prazo de inscrición e pago, se non, non se devolverá o importe.

A misa do peregrino é ás 12 do mediodía, con seguridade non chegaremos, hai outra misa (non do peregrino) a 13:15. Lembrade levar as credencias para obter a Compostela, aínda que si non poderiades ir outro día. Cando presentedes as credenciais deberán estar correctamente cumprimentadas e ter cubertas as datas de todos os cuños, por si non as lembrades aquí tedes a relación:

  

1.- Médulas-Pente de Domingo Flórez, 23 de outubro 

2.- Puente de Domingo Florez- Vilamartín, 13 de novembro 

3.- Vilamartín-Bendilló, 27 de novembro

4.- Bendilló-Barxa de Lor, 22 de xaneiro  

5.- Barxa de Lor-Monforte, 5 de febreiro 

6.- Monforte-Diomondi, 26 de febreiro

7.- Diomondi-Monte faro, 25 de marzo 

8.- Monte Faro-Ponte Pedroso, 15 de abril

9.- Ponte Pedroso- Silleda, 13 de maio

10.-Silleda- Lestedo, 10 de xuño

11.- Lestedo-Santiago, 1 de xullo


 

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos