En Asemblea Extraordinaria celebrada o día 26 de Novembro de 2011 resolveuse o nomeamento dos novos cargos da Xunta Directiva da Asociación Cultural Xacarandaina. Estes novos cargos son:
Presidente: René Gómez Martínez
Secretario: Pablo Federico Garea
Tesoureiro: Alejandro Cangado Fernández
Vogal de Grupo: Martin Rio Cayon
Vogal e Presidenta da Seccion Xuvenil: Jennifer Rey Dominguez
Pola súa parte, Jennifer Rey Dominguez, en calidade de Presidenta da Sección Xuvenil, nomeou, tal e como se especifica nos Estatutos da Asociación, o cargo de Vicepresidente da mesma:
Vicepresidenta Sección Xuvenil: Sabela Torres Maroño
Desexámoslle moita sorte e éxito a todos eles nas súas novas responsabilidades e expresamos o noso agradecemento a toda a Xunta Directiva saínte.