Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Máis Xacaculturais Febreiro 2020


O vindeiro 15 de Febreiro temos programada unha visita ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón*

Hora da Visita 11:30 h.

Entrada de balde 

Inscricións na Secretaría da Asociación ata o 13 de febreiro.

Aprende e divírtete con Xaca! 

Ler máis

 


Festa entroido 2020

Un ano máis  polo ENTROIDO realizaremos a NOSA FESTA! Será o  domingo 23 de febreiro.

Comezo ás 17:00h. Contaremos con merenda, xogos, baile, desfile de disfraces d@s participantes!

Ler máis
 


Xacaculturais Febreiro 2020

O vindeiro mes de Febreiro comezamos de novo coas visitas culturais en Xacarandaina. Será unha visita ao Museo Provincial de Pontevedra o 5 de febreiro.

O museo composto por seis edificios:O Convento de Santo Domingo, o Palacio Sarmiento, o edificio de Castro Monteagudo, o de García Flórez e o de Fernández López  e que posúen coleccións de arqueoloxía prerromana e romana, pintura española, galega, italiana e flamenca del século XV al século XVIII. Tamén acibeches, gravados, escultura relixiosa, louza de Sargadelos, o despacho de Méndez Núñez e unha reproducción da cámara da Fragata Numancia, unha cociña tradicional galega...

  • A visita ao museo será ás 12.30h
  • Viaxe en Tren 27€ : saída ás 11:00h. chegada ás 18.30h.
  • Data llímite de inscrición 3 de febreiro na Secretaría da Asociación.

Aprende e divírtete con Xaca! 


   


Felices Festas 2019!

Desde a A. C. Xacarandaina desexámosvos un Bo Nadal a tod@s e unha boa entrada no Ano Novo!


Agardamos que o 2020 esté cheo de música e baile!


 


Cantada Nadal 2019

Un ano máis Xacarandaina realiza a xa tradicional cantada de Nadal.

Será o sábado 21 de Decembro a partir das 22.30 horas na Rúa Florida. Música e baile na rúa!,dando a Benvida ao Nadal da mellor que sabemos facer cantando e bailando! Esperámoste para dar a benvida ao Nadal! 


   

Axenda

Xunio 2020
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos