Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Día Internacional da Danza

Este mes de abril celébrase o Día Internacional da Danza e o Concello de A Coruña conta cunha programación especial na que participaran destacados corpos de baile.

Pola súa parte, o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina actuará na Praza de María Pita de A Coruña o día 28 de abril ás 18.30 h (en caso de choiva trasladarase ó Teatro Rosalía). 


O Día Internacional da Danza (International Dance Day) celébrase todos os anos o 29 de abril, 

foi establecido polo Comité de Danza do Instituto Internacional do Teatro da UNESCO

en 1982 co fin de atraer a atención sobre a arte da danza


Ler máis
 

Exposición Pintura

Expo Pintura, roteiros e aprende a craaar o teu propio pandeiro!

Coma tódolos anos, os alumnos de Artes Plásticas expoñen as súas obras no Forum Metropolitano do 22/4 ó 7/05.

Anímate a votarlle unha ollada!


E esta semana comezamos un novo roteiro: Camiño dos Arrieiros e para o día 29 de abril remata o plazo para apuntarse no Curso de Pandeiro. Non quedan moitas plazas!

Ler máis

 

Camiño dos arrieiros - etapa 1

Novo Roteiro - XacadAndaina

1ª Etapa do Camiño dos Arrieiros 

O Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 42 km., unindo As Pontes co Porto de Vares. Divideremos esta ruta en dúas etapas, nesta ocasión realizaremos o primeiro treito duns 24,5km., a través do Concellos das Pontes. 

Este camiño tense empregado dende a Prehistoria como vía de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos. Máis de 80 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño dende As Pontes a Vares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio.

Ler máis
   


Actuación de Xasteirazo e Argallo

Os grupos de alumnos da asociación Xasteirazo e Argallo actuarán na Residencia Santa Teresa (Eiris de Arriba s/n) o domingo 7 de Abril ás 11.30 da mañá.

Esperámosvos!

 


Crea o teu propio pandeiro!

Xa temos as datas do curso para crear o teu propio pandeiro!

Será o 6 de maio ás 17:00h no local da asociación ónde con Xosé Maceda aprenderedes a crear un este sinxelo instrumento de música tradicional, con todo o material incluído, durante unha clase de 4 horas.

O prezo, coma sempre, con ventaxas para ós socios:

  • 55 € para socios
  • 65 € para non socios
A inscrición remata o día 29 de abril 

Podedes cliclar aquí para ter máis información

E lembra que temos outro interesante cursiño moi relacionado coa nósa cultura: o curso de pasamanería 


Ler máis
   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos