Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Danza3

Xacarandaina en Sada - Danza3

Dentro do ciclo adicado á danza na rúa Danza3, Xacarandaina actará na vila coruñesa de Sada este sábado 30 de agosto!

Vémonos co baile e música tradicional ó redor das 20h nas súas plazas e rúas!


ligazóns: Nova na Consellería de Cultura e Educación


 


Pronto comeza o Curso 2014-2015 en Xacarandaina!

O tempo pasa voando e axiña chegamos ó novo curso. Ofrecémosvos as actividades xa tradicionais na Asociación, así como algunha novidade que vos invitamos a descubrir...

DATAS E HORARIO DE MATRÍCULA:

  • Socios: Dende o 2 de Setembro. De luns a venres de 18:00 a 21:00. Poderanse inscribir mediante correo electrónico os socios que acudan ás mesmas actividades do curso anterior e que non sufriran modificacións.
  • Non socios: A partir do 9 de Setembro. De luns a venres de 18:00 a 21:00. Tamén os non socios que desexan facerse socios por primeira vez deberán vir neste prazo.

O horario de actividades podédelo descargar eiquí abaixo:

Ligazóns: Tríptico de Actividades | Condicións Económicas


 


Asemblea Xeral Ordinaria

A Coruña, 18 de Agosto de 2014

Convócase a tódolos socios e socias á ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o día 14 de Setembro de 2014, domingo, no local da asociación sendo:

  • 19:30 h a primeira convocatoria
  • 20:00 h a segunda convocatoria

 Coa seguinte orde do día:  Ler máis

   

Xacarandaina en Danza3

Xacarandaina en Noia - 23 de Agosto - Danza3

Presentamos o programa de este ano de Danza3, o ciclo de música e baile tradicional que,  baixo o lema ‘Folclore na rúa’, ten como  obxectivo transmitirlles aos cidadáns a esencia e a riqueza das nosas danzas, así como das músicas que as acompañan e do noso vestiario.

Cada uno dos grupos participantes, Xacarandiana, Cantigas e Agarimos e Fiadeiro, ofreceremos tres actuacións no marco desta programa, que se desenvolve do 17 de agosto ao 5 de outubro en nove localidades galegas.

Pola nósa parte, Xacarandaina preséntase en Noia o día 23!!!

Ler máis
 

Xacarandaina en María Pita

Xacarandaina en María Pita

O domingo 17 de Agosto temos todos unha cita con Xacarandaina na plaza de María Pita co gallo das festas da Coruña. A actuación que propoñemos será un montaxe único para esta ocasión no que se sacará a relucir o mellor do nóso folclore; pretendemos así servir de pulo á candidatura do folclore galego a Patrimonio da Humanidade e nósa actuación xirará entorno a esta idea.

Ler máis
   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos