Xunta Xeral Extraordinaria
Mer - 16 Feb
Escrito por Administrator
A Xunta Directiva da Asociación Cultural Xacarandaina, en reunión celebrada o pasado día 14 de febreiro de 2011 e de acordo co establecido nos estatutos da entidade, acorda convocar unha Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar no local social da nosa entidade o vindeiro venres 4 de marzo de 2011 do seguinte xeito:
- 21:00 h. en primeira convocatoria
- 21:30 h. en segunda convocatoria
A orde do día será a seguinte:
1. Aprobación definitiva do cambio de inscrición da sección da asociación no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, para pasar da Sección número 3 (asociacións xuvenís) á Sección número 1 (asociacións xerais).