Programación de Actividades

Imprimir

A Escola conta actualmente cun total aproximado de 800 socios asistentes ás actividades por ano. A Asociación intenta ofertar o máis completo programa de actividades aos seus socios e abrangue o maior rango de idade posible.

Existen actividades para todas as idades dende os 3 anos. As actividades abranguen non só o eido do folclore, senón tamén artes plásticas, música, pilates,…

Os grupos están organizados por idades e diferentes niveis de aprendizaxe, e existe unha ampla gama de horarios para facilitar a asistencia. 

 Horario Provisional de Actividades 2024

Matrícula

Para coñecer máis sobre a Matrícula nas Actividades da Escola, accede aquí.