XACADANDAINA
Como saberedes este Ano Xacobeo continuamos co exitoso programa de camiñatas, mais nesta tempada estamos a facer O Camiño de Fisterra.
A segunda etapa do Camiño terá lugar o domingo 21. Iremos dende Negreira a Sta. Mariña (21 km.), saindo do Pazo da Ópera ás 8:30 h.O prezo para socios é de 12 € e para non socios 15 €.
A inscrición e pago deberá efectuarse antes do día 18.
- Inscrición preferente: para os que xa fixeron a primeira etapa: ata o dia 13.
- Novos peregrinos: a partir do dia 13
Como ven sendo habitual contaremos co autobús de apoio e facilitaremos as credenciais de peregrino para ir selando no percorrido.
CANTOS DE NADAL
Queres vir cantar os reis con nós? Será o día 20 de decembro no Forum Metropolitano.
Se estás interesado en participar, aínda que non asistas a clases de canto e pandeireta, podes facelo. Organizaremos ensaios para tal ocasión, infórmate dos horarios na Asociación.