Xacarandaina

Estás en: Inicio

Actividades do mes de Outubro

Este primeiro mes de Outubro o comenzamos con moitísimas actividades

Ás tradicionais actividades propias desta época nesta quenda súmanse novas propostas como a XORNADA DE PORTAS ABERTAS e a exitosa XacadAndaina.

Por outro lado, o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina participará na gala benéfica "VIAXE CARA A VIDA" xunto co grupo infantil "O Rodicio"

OFRENDA Á NOSA SRA. DO ROSARIO: O día 7 de outubro, festivo local da Coruña, asistiremos á ofrenda floral na igrexa de Sto. Domingo. A cita será en Mª Pita as 10 da mañá para saír desfilando ata dita igrexa. Se estás interesado en asistir lucindo o traxe tradicional, non tes máis que anotarte na secretaría da asociación antes do martes 5.

 

XACARANDAINA NA RÚA: O sábado día 9 arredor das 19 h., Xacarandaina estará na rúa! Membros do Grupo e da Asociación sairán a bailar e tocar no centro da cidade (zona da rúa Real). Acompañádenos nesta festa!

XACACULTURAIS: O xoves 14 ás 18:00 h. visitaremos a Casa do Real Consulado do Mar da Coruña. Aproveita a ocasión para coñecela xa que as visitas só se realizan unha vez ao mes. O máximo de visitantes é de 15 persoas, actividade gratuíta. A data de inscrición remata o 8 de outubro.

Con máis de 30.000 volumes, moitos deles verdadeiras xoias bibliográficas, a Biblioteca do Real Consulado del Mar da Coruña é unha institución aberta a todos os cidadáns. Inaugurada hai máis de 200 anos é a fundación cultural privada máis antiga de España. Unha iniciativa do grupo de ilustrados galegos entre os que salientar a Pedro Sánchez, Lucas Labrada ou Xosé Cornide.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: Sábado 16 a partir das 16 h. Se queres probar algunha actividade, coñecer outros ámbitos da asociación, ou desexas traer os teus amigos e amigas e familiares para un primeiro contacto, este é o día! Ao longo de toda a tarde poderás participar nas diferentes actividades. Consulta os horarios e anótate no local ou por teléfono, antes do venres 15.

XACAdANDAINA: Tras a chegada a Compostela o curso pasado, decidimos continuar camiño ata Fisterra. O domingo 17 iniciamos o camiño en Santiago! Na primeira etapa chegaremos ata Negreira (21 km.), sairemos do Pazo da Ópera ás  8:30 h. O prezo para socios é de 12 € e para non socios 15 €. A data de inscrición finaliza o xoves 14.

GALA BENÉFICA “VIAXE CARA A VIDA”: Organizada pola O.N.G. “Tierra de Hombres”, o día 22 ás 20:30 h. no Teatro Colón. Participará o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina e o Grupo Infantil da A.C. Xacarandaina “O Rodicio”. As entradas custan 6 € (tamén hai unha fila 0 por se desexas colaborar!). Podes mercalas por internet, a través da web www.caixagalicia.com, por teléfono no 902 43 44 43 ou no despacho de billetes do teatro. Colléde as entradas o antes posible ou vos quedaredes sen elas.


 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos