Xacarandaina

Estás en: Inicio

XXXII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

Un ano máis a Asociación Cultural Xacarandaina comprácese en convidalo ao seu Concurso de Música Tradicional na modalidade de pandeireteiras e pandeireteiros.

Esta edición terá lugar o domingo 14 de maio no Centro Cultural Ágora en horario de mañá e tarde



Coma en anos anteriores podedes realizar a inscrición a través das seguintes vías:


  •  Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, R/ Historiador Vedía nº 3 soto 1º, 15004 A Coruña.
  •  Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección de e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .
  •  A través da nosa páxina web www.xacarandaina.gal


 O prazo de inscrición remata o domingo 30 de abril.

 Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico: 981 27 73 15 – Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación

Concurso

 

Axenda

Xunio 2023
L M Me X V S D
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 1 2

Xacarandaina


Xacarandaina


Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos