Xacarandaina

Estás en: Inicio

Xacarandaina actuará en Pola de Siero

Xacarandaina participa no XIV Festival Internacional de Siero "María Campos" organizado na cidade de Pola de Siero, Asturias. O programa, incluído nas festas do Carmen e Carmín da localidade asturiana,consta dun desfile de todas as asociacións, colectivos culturais, musicais e artísticos locais.

A continuación, realizaranse as actuacións de cada un dos grupos participantes, acto que servirá de inauguración do novo Auditorio.

Forman parte deste festival conxuntos que proveñen de diferentes partes do mundo:o grupo Manavai, da illa de Pascua (Chile), Dzhangar Kalmyk Dance Ensemble, da República de Kalmikia (Rusia), o Grupo Ollín Mumpa, de Tula de Allende (México), así como outros chegados desde Valencia e Cidade Real.

 



arquivos: programa

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos