Xacarandaina

Estás en: Inicio Información

Información

Actuacion pandeireta 006 []A escola conta con actividades de todo tipo e para todas as idades. Do eido do folclore galego impártense clases de baile tradicional galego, gaita, pandeireta e canto. Tamén acordeón, percusión e clarinete. Do eido das artes plásticas ofrécense clases de debuxo, pastel, óleo e acuarela; e outras actividades como  bailes latinos e salón; ximnasia de mantemento, encaixe de bolillos e guitarra.

As actividades son para todos os públicos, desde os 3 anos en diante. Para nenas e nenos de 3 a 6 anos, a Asociación conta cun programa lúdico-educativo que leva por nome “Gorechos”. Este programa baséase en aspectos da cultura tradicional galega e presenta dous obxectivos principais: por unha banda, iniciar a aprendizaxe do folclore galego e das artes plásticas e escénicas, e pola outra, favorecer o desenvolvemento integral da nena ou neno, nos ámbitos motor, afectivo, cognitivo e social.

Os grupos de baile e pandeireta da Asociación asisten a diferentes concursos organizados por outras Asociacións de Galicia co fin de preservar o noso folclore e exhibir o que aprenderon durante o curso. Varios grupos da Asociación acadaron importantes premios e distincións a través da participación nestes concursos. Cómpre destacar tamén a participación destes en actuacións de programas de televisión, non só da comunidade senón do Estado, así como a súa participación en actuacións de carácter benéfico.

xornadas folclore Festa Entroido, 3 de Febreiro de 2008 030

Cabe salientar o labor de difusión da cultura tradicional que leva a cabo a Asociación, non só a través do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina, senón tamén mediante o traballo que realizan os mestres de música e baile tradicional a través das clases que imparten en diferentes escolas, centros cívicos e Asociacións da nosa comunidade e fóra desta.

 

Axenda

Novembro 2017
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos