Xacarandaina

Estás en: Inicio

ENDATERRA NOVO ESPECTÁCULO !

“Endaterra” é o título do novo espectáculo, que imos comezar a montar, no Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina.

Con el queremos poñer en valor a variante do Camiño Inglés, entrando polo porto de  A Coruña até Santiago de Compostela, seguindo camiño até a súa prolongación natural: Fisterra-Muxía.

 

Esta obra estará dirixida por Quique Peón axudado polos seus colaboradores habituais na dramaturxia da obra, composición musical, deseño de luz, deseño de espazo sonoro e escenografía.

Será un marabilloso percorrido polo patrimonio inmaterial de 18 concellos, unha ruta cultural chea de lendas, misterios, paisaxes e tradicións. Un percorrido por 170km que nos valen de escusa para poder amosar o folclore dunha das zonas de Europa máis singulares e interesantes.

 

Xacarandaina, como en outras ocasións, quere brindar a oportunidade de participar a todas e todos as e os  que queiran formar parte do elenco de “Endaterra”.

De bailadora, bailador, pandereteira, gaiteiro/a, percusionista, de músicos/as para a charanga tradicional (calquera instrumento), ou no coro (en calquera das súas catro cordas) podes participar e se precisas saber máis para decidirte: convocámoste a unha reunión o mércores 12 de febreiro ás 21:00h nos locais do Centro Coreográfico Galego. Complexo deportivo de Elviña, praza de Agustín Díaz Sánchez s/n.

 


 

 

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos