O vindeiro 15 de Febreiro temos programada unha visita ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón*
Hora da Visita 11:30 h.
Entrada de balde
Inscricións na Secretaría da Asociación ata o 13 de febreiro.
Aprende e divírtete con Xaca!
*O museo aséntase nunha antiga fortaleza construída no século XVI. Dos séculos XVI ao XVIII foi un edificio defensivo e prisión, máis tarde foi utilizado como lazareto para illar aos mariñeiros que chegaban á cidade afectados por algunha enfermidade infecciosa.
Inaugurouse en 1968 e está considerado monumento histórico-artístico dende 1994. No seu interior alberga obxectos de arqueoloxía como: ourivaría protohistórica, megalitismo, Idade de Bronce, cultura castreña, romanización e distintos aspectos da cidade.
*Actividade Subvencionada pola Deputación de A Coruña