A Coruña, 22 de agosto de 2019
Convócase a tódolos socios e socias á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o día 22 de Setembro de 2019, domingo, no local da asociación sendo:
20:00 h a primeira convocatoria
20:30h a segunda convocatoria
Coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior, que estará exposta para a súa lectura no local social, os 15 días previos á asemblea.
- Exame de contas e balance
- Informe das actividades do CATL Xacarandaina
- Informe das actividades do GMBT Xacarandaina
- Informe das actividades de carácter aberto da Asociación
- Elección dos seguintes cargos da Xunta Directiva:
- Presidencia
- Tesourería
- Secretaría
- Vogalía do Grupo de Música e Baile Tradicional
- Vogalía do Círculo de Actividades de Tempo Libre
- Suxestións, rogos e preguntas
Segundo o artigo 33º, na convocatoria da Asemblea establecerase un prazo de dez días naturais no que se poderán presentar á secretaría da Xunta Directiva as candidaturas e as súas programacións se as houbera.
A presidenta O secretario
Cristina Rodríguez Saavedra Juan José Casanova Muñiz
Ligazón: pdf da Asamblea