Xacarandaina

Estás en: Inicio Espectáculos Etnográficos Costumes e Saberes dun Pobo

Festival Solidario de Primavera 2019




Tras o éxito en anos anteriores do Festival Solidario de Nadal, a Asociación Cultural Xacarandaina organiza neste ano 2019 o Festival Solidario de Primavera a favor da Cociña Económica da Coruña.

O festival será o domingo 5 de maio ás 10:00 horas no Centro Ágora da Coruña, acto ao que estades convidados a participar.

Neste acto actuarán todos os grupos infantís, xuvenís e de adultos que temos na escola, das modalidades de baile, pandeireta e gaita tradicional.




A entrada ao evento constará de 1 kilo de alimento (aceite de xirasol, azucre, café molido natural, garbanzos, sal, sardiñas en conserva e fabas) demandados pola propia entidade, que se recollerán, a partir das 09:30 horas, ás  portas do auditorio, para seren doados á Cociña Económica da Coruña .

Con este acto, a Asociación Cultural Xacarandaina, coa colaboración desinteresada de todas as súas alumnas e alumnos, da Cociña Económica da Coruña e de Gadis, pretende aportar unha pequena axuda aos máis necesitados.



 

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos