Xacarandaina

Estás en: Inicio Información

Gala 40 anos de Música Tradicional Xacarandaina

O sábado 6 de abril no Teatro Colón celebrarase unha gala na que se presentará o disco ’40 anos Xacarandaina’ na que participarán máis de 50 artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiras e coro.

Será unha gala creada para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar a noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo a través das melodías e ritmos de Galicia. Actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiros e coro.




Para isto farase unha escolla de entre máis de 1000 melodías diferentes de todo o territorio galego, froito do traballo de campo que fixo Xacarandaina ao longo da súa historia.
A singularidade deste espectáculo será volver poñer enriba das táboas músicas e cancións que se estrearon hai anos e que non se volveron a tocar, poñéndoas outra vez en repertorio, e así poder amosar a evolución da música tradicional galega escénica desde 1979 até hoxe en día, facendo un espectáculo de grande valor escénico, histórico e etnográfico.

Con un deseño de luces creado ‘ex profeso’, unha coidada posta en escena e os sucesivos cadros do espectáculo, conseguiremos que esta Gala do 40 aniversario de Xacarandaina sexa algo único e que espectador aprenda e disfrute a un tempo.




Venda de entradas:

Quiosco da Praza de Ourense: de luns a venres ( agás festivos) de 9.30 a 13.00h e de 16.30 a 19.30h

Taquilla do Teatro Colón: só o día do espectáculo desde unha hora antes ( só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: a través da web de Ticketea ou no teléfono no 902 044 226 ( luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21:00 h)





 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos