O sábado 27 de abril realizaremos o curso de Birimbao ou Trompa de boca impartido por Daniel do Pando.
O birimbao, ou trompa de boca, é un instrumento formado por unha lingüeta de aceiro fixada a un marco por medio dunha cuña incrustada nun pequeño furado situado na parte posterior.
Funciona en contacto coa cavidade bucal, ao pulsar a lingüeta esta vibra producindo unha nota fundamental e unha serie harmónica.
Preséntase en diferentes culturas de todo o mundo, mantendose vivo dun xeito relevante na zona de A Fonsagrada, onde se conservou de forma tradicional tanto a técnica interpretativa como a construtiva, chegando a ser moi popular o seu uso.
Este curso e de modalidade presencial e nivel iniciación, dirixido ao alumnado maior de 14 anos, e farase unha visión completa do instrumento con unha parte teórica e outra práctica.
Ao alumno seralle facilitado un instrumento durante a súa realización. (Non é preciso traer instrumento)
Contará cunha duración total de catro horas, de 16:00 a 20:00.
Inscríbete no local, mail ou 981277315.
*Actividade subvencionada pola Deputación de A Coruña