XACACULTURAIS MARZO
*Cambio data na Visita ó Museo Provincial de Lugo
O mes de marzo temos programada unha visita ao Museo Provincial de Lugo o día 23 de marzo.
Bus: 10€ con saída ás 10.30h e chegada ás 19.30 ( Pazo da Ópera).
A data límite para a inscrición é o 20 de marzo.
Se estás interesado podes anotarte na Secretaría da Asociación.
* Actividade Subvencionada pola Deputación de A Coruña
Museo Provincial de Lugo:
«Co fin de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense, en 1932, a Deputación de Lugo acorda crear o Museo Provincial de Lugo, vontade que se materializa dous anos máis tarde coa apertura no Pazo de San Marcos (baixo a dirección de D. Luis López Martí) de varias salas con materiais arqueolóxicos, históricos, artísticos, etc. ata daquela dispersos en coleccións particulares. O continuo incremento de fondos e as limitacións de espazo obrigaron, en 1957, a trasladar o museo ao antigo convento de San Francisco. Conservando tres dependencias deste vello cenobio (cociña, claustro e refectorio), o arquitecto vigués D. Manuel Gómez Román (1875-1964) deseña un novo edificio con aires de pazo galego. O 1 de marzo de 1962 o Museo Provincial de Lugo foi declarado Ben de Interese Cultural. En 1997 o museo foi ampliado, segundo un proxecto do arquitecto González Trigo».