XACACULTURAIS FEBREIRO
2 FEBREIRO – AQUARIUM FINISTERRAE
O sábado 2 de febreiro ás 11:30h. temos programada unha visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña., tamén coñecido como a Casa dos Peixes. Centro interactivo de divulgación científica sobre aspectos relacionados coa bioloxía mariña, oceanografía e o mar en xeral.
Esta visita está pensada para nenos ata 14 anos, sendo a entrada de balde.
Recordade anotarvos na secretaría da Asociación ata o 30 de xaneiro.
O xoves 21 de febreiro realizaremos unha visita guiada á Exposición “Castelao Maxistral” no Museo Centro Gaiás de Santiago de Compostela.
Esta exposición supón todo un hito, xa que se exhibe por primeira vez en Galicia a obra icónica “A derradeira leición do mestre”, considerada o “Guernica Galego”.
Sairemos en autobús ás 15:00h. do Pazo da Ópera da Coruña e a hora de chegada será ás 19:30h. O prezo será de 10,00€.
O minimo será de 30 persoas e podédevos anotar na secretaría ata o día 16 de febreiro.