Xacarandaina

Estás en: Inicio

Viaxe a Asturias e intercambio

 

O grupo Garagao da nosa Asociación viaxa este sábado a Cabañaquinta (Asturias), co gallo dun intercambio entre o noso grupo e o grupo "Les Ayalgues d'ayer". Participarán no seu festival o sábado 12 de xuño pola noite, acompañados por un grupo de música da Asociación.

Do mesmo xeito o grupo "Les Ayalgues d'ayer" fará unha exhibición na nosa Foliada e Romaría tradicional o sábado 19 e domingo 20 deste mesmo mes.

O grupo Garagao está formado por alumnas e alumnos da Escola de Xacarandaina, rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos, guiadas pola mestra de Baile Tradicional Fátima Freire. Veñen de acadar o primeiro premio da Categoría C do Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina e, de seguro, que deixarán boa impresión na Comunidade veciña.

 

 

Axenda

Novembro 2017
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos