Estamos quentando motores para o novo curso!
O curso comezará o 1 de Outubro ata o 30 de Xuño.
Aquí vos pasamos as condicións económicas.
Na A. C. Xacarandaina ofrecemos distintas actividades dende o 1 de Outubro ata o 30 de Xuño cunha duración de 1h, 1:30 h. ou 2 h. semanais, adaptadas a distintos niveis e idades, dende os 3 anos en adiante.
Ademáis, organízanse ao longo do curso distintas actividades puntuais como obradoiros, visitas culturais para pequen@s e maiores, comisións de traballo para a organización de eventos (concursos, festivais,actuacións, festas de Nadal ou Entroido…) nas que @s soci@s obteñen descontos ou desfrutan de balde.