Maña fai un ano o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina emprendía camiño ó Festival de Gannat (Francia). Aproveitando o acontecemento anunciamos que este ano o Grupo tamén se vai de viaxe! Desta volta Xacarandaina espallará a cultura galega no International Folk Dance Festival Carpati que se celebrará en Romanía entre o 9 ó 16 de Agosto.
A nósa Asociación participará na 35 edición deste veterano festival que terá como sede principal a romanesa cidade de Pitesti e ademais realizarase unha xira polo país, na que Xacarandaina actuará en catro cidades diferentes:Câmpulung, Curtea de Arges, Topoloveni e Mioveni.
Este ano reuniranse preto de 300 participantes dos seguintes paises: Bosnia Hercegovina, Bulgaria, China, Xeorxia, Grecia, Costa de Marfil,Moldavia, Servia, Turquía, sendo o GMBT Xacarandaina o repressentante de España.
Feliz viaxe!
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña