Xacarandaina

Estás en: Inicio Últimas Edicións

Xacarandaina marcha á Romanía

Maña fai un ano o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina emprendía camiño ó Festival de Gannat (Francia). Aproveitando o acontecemento anunciamos que este ano o Grupo tamén se vai de viaxe! Desta volta Xacarandaina espallará a cultura galega no International Folk Dance Festival Carpati que se celebrará en Romanía entre o 9 ó 16 de Agosto.

A nósa Asociación participará na 35 edición deste veterano festival que terá como sede principal a romanesa cidade de Pitesti e ademais realizarase unha xira polo país, na que Xacarandaina actuará en catro cidades diferentes:Câmpulung, Curtea de Arges, Topoloveni e Mioveni.


Este ano reuniranse preto de 300 participantes dos seguintes paises: Bosnia Hercegovina, Bulgaria, China, Xeorxia, Grecia, Costa de Marfil,Moldavia, Servia, Turquía, sendo o GMBT Xacarandaina o repressentante de España.

Feliz viaxe!


Festival Carpati

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña 

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos