Xacarandaina

Estás en: Inicio

XacaCampamento en Abril!

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s @s nen@s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCampamentos acaba de programar un campamento para a fin de semana:

 · 28-29 de abril no local da Asociación.

 Xacarandaina acaba de programar un campamento para nen@s onde a diversión está garantida. A entrada será o sábado ás 17:00 h. e a saída o domingo ás 12:00 h.

 O campamento terá lugar no local da Asociación e durante a estancia @s nos@s nen@s poderán disfrutar de xogos tradicionais, obradoiros, contos, película... unha ampla variedade de actividades adaptadas á idade dos inscritos. Estarán acompañados de dúas/dous monitor@s de tempo libre titulad@s.

 PREZO: 20 EUROS.

 O prezo inclúe a merenda e cea do sábado e desaiuno do domingo. A actividade vai dirixida a tod@s @s nen@s soci@s a partir de 7 anos. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do venres 20 de abril, xa que as prazas son limitadas (mínimo: 18 e máximo: 25 nen@s).

 Divírtete con Xacarandaina!!!

 Comisión de Xacacampamentos da A.C. Xacarandaina

Campamento de Xacarandaina

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos