Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s @s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar unha saída para as FAMILIAS, visitando o MUSEO ETNOLÚDICO DE GALICIA o domingo 11 de marzo.
A visita ao MUSEO ETNOLÚDICO DE GALICIA está programada para as 11.00 h. Consistirá nun percorrido guiado no que se visitarán todas as instalacións do museo que recolle a maior colección do xoguete tradicional galego e unha retrospectiva sobre a vida do xoguete ao longo da historia.
O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) é unha institución museolóxica de carácter permanente que ten como misión fundamental a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, co deporte tradicional e coa historia do xoguete. Nel tamén se mostran obxectos e pezas de grande interese, procedentes de España e de pobos e rexións da xeografía mundial. MÁIS INFORMACIÓN
Despois do museo propoñemos un xantar no restaurante A Pesqueira (Ponteceso) e varias visitas pola tarde: Monte Branco, Casa Pondal e/ou Dolmen de Dombate. O prezo do restaurante é:
· Prezo adulto: 9.00 €
· Prezo nen@: 5.00/7.00 €
A visita do Museo durará sobre 2:30 horas e a entrada por persoa é de 3.00 € (este prezo pode reducirse no caso de asistir máis de 25 persoas).
A actividade vai dirixida a tod@s @s soci@s da Asociación. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 6 de marzo e realizar o pago da entrada da visita ao Museo Etnolúdico de Galicia.
No caso de asistir á comida e ás visitas da tarde, deberán realizar o pago da mesma antes do 6 de marzo, ao igual que a Visita do Museo.
Anótate e divírtete con Xacarandaina!!