Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s @s nen@s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar unha visita guiada ao CASTRO DE ELVIÑA o día:
- 21 de xaneiro ás 12:30 no CASTRO DE ELVIÑA da Coruña.
Realizaremos unha visita guiada onde a monitora ou monitor nos explicará as características do asentamento castreño, como é a súa estrutura, que materiais se obtiveron nas excavacións arqueolóxicas, cal é o “Tesouro de Elviña” que pode contemplarse hoxe no Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón etc. MÁIS INFORMACIÓN
A actividade vai dirixida a tod@s @s nen@s soci@s a partir de 4 anos. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 18 de xaneiro, xa que as prazas son limitadas.
Actividade gratuíta!!
Aprende e divírtete con Xaca!!