Xacarandaina

Estás en: Inicio Contacto

Colabora con Xaca! Reunión de comisións

Desde a nova Xunta Directiva de Xacarandaina queremos informar a todas as socias e socios da Asociación sobre a posibilidade de colaborar con nós na mellora do funcionamento da mesma, participando nas diferentes comisións que todos os anos propoñemos coa idea de que cada un/unha de nós poña o seu gran de area co fin de conseguir unha Asociación na que todas e todos participemos.


Estamos á disposición de todas e todos os que queiran realizar algunha suxestión, tanto sobre as comisións como sobre o funcionamento da Asociación. A continuación detallamos as comisións propostas:

 - Comisión de campamentos

- Comisión de prensa e traducción

- Comisión do arquivo audiovisual

- Comisión de festas (Magosto, Nadal, Entroido)

- Comisión de visitas culturais – Xacaculturais

- Comisión de xestión, organización e repartición de vestiario dos grupos

- Comisión de reparación da roupa

- Comisión de redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram)

- Comisión de deseño gráfico

- Comisión de mantemento do local

- Comisión de productos


Para calquera dúbida, para manifestar o voso interese ou para realizar algunha suxestión, podes poñerte en contacto con nós a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , por teléfono no 981 277 315 ou na secretaría da Asociación.

O sábado 11 de novembro ás 11.30 horas terá lugar unha reunión informativa á que pregamos a vosa asistencia. No caso de que alguén non puidera asistir e desexe formar parte dalgunha comisión pode poñerse en contacto con nós a través dos medios indicados no parágrafo anterior.

Xacarandaina somos todas e todos! Precisamos da vosa colaboración!

Comisións

 

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos