Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s @s nen@s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar a primeira visita deste curso... á CASA DAS CIENCIAS o día:
11 de novembro ás 11:30-13:00 h.
Realizaremos unha visita á sala de exposicións + planetario. Visitaremos a exposición "A astronomía como cha contan", unha exposición sobre a forma en que os medios tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren a exploración do Sistema Solar, a investigación sobre o espazo profundo, os achados de planetas extrasolares, a vida dos astronautas no espazo, os satélites que observan o noso propio planeta e a contaminación lumínica que dificulta o goce do firmamento. MÁIS INFORMACIÓN
A actividade vai dirixida a tod@s @s nen@s soci@s a partir de 4 anos. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 9 de novembro, xa que as prazas son limitadas.
Actividade gratuíta!!
Aprende e divírtete con Xaca!!
Un saúdo,
Comisión de Xacaculturais da A.C. Xacarandaina