Xacarandaina

Estás en: Inicio Asociación Cultural

Casa Museo de María Pita

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s os nen@s soci@s da Asociación de que a comisión de XacaCulturais acaba de programar unha visita á Casa Museo de María Pita o día:

 · 21 de xaneiro de 11:30 a 13:00 h. Realizaremos unha visita guiada + obradoiro.

 Planta Baixa: Recreación da casa de María Pita, a vella: nesta sala podemos contemplar a reconstrución de dúas das estancias da vivenda, a tenda que se atopaba no baixo e o dormitorio principal, así como unha breve descrición das vivencias de María Pita. Sala 1: O Reino de Galicia nos séculos XVI-XVII: esta sala ten carácter introductorio, pensado para ofrecer ao visitante unha serie de informacións básicas sobre a situación de Galicia nos séculos XVI e XVII e algúns dos cambios experimentados nese tempo. Sala 2: A morfoloxía urbana da Coruña nos séculos XVI e XVII : nesta sala descríbese a distribución urbana, económica e social da cidade naquela época. Sala 3: O enfrontamento hispano-inglés: esta sala analiza as relacións entre España e Inglaterra e os factores que acabaron desembocando no ataque á cidade da Coruña en 1.589. MÁIS INFORMACIÓN

 A actividade vai dirixida a tod@s @s nen@s soci@s a partir de 4 anos.

 É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do xoves 19 de xaneiro, xa que as prazas son limitadas.

Aprende e divírtete con Xaca!!



 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos