Xacarandaina

Estás en: Inicio

Visita á Casa Grande de Xanceda

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s @s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar unha saída para as familias, visitando a CASA GRANDE DE XANCEDA o domingo 30 de outubro.


Xacarandaina ten programada unha visita á CASA GRANDE DE XANCEDA ás 16.00 h. Esta visita consiste nun percorrido guiado no que se visitarán todas as instalacións da granxa e explicarase o funcionamento dunha granxa ecolóxica:


  • Visita á sala onde se muxen as vacas en directo, todo un espectáculo! 
  • Visita á corte das vacas. 
  • Explicación sobre o obradoiro de Iogur e a Cava de Queixos. 
  • Visita ás vacas nos prados, á Eco Horta e Eco Zoo. 
  • Visita á Casa Grande de Xanceda, unha casa do século XVIII onde degustaremos os produtos elaborados na granxa así como outros produtos ecolóxicos.


Antes da mesma e de xeito opcional, propoñemos unha pequena ruta de sendeirismo (para observar a fauna e flora) e un xantar pola zona da Aula da Natureza e Museo Etnográfico Brañas de Valga, no que atoparemos un parque infantil e unhas mesas con cuberta para o xantar.

A visita dura sobre 1 hora e media e a entrada por persoa é de 4,50 € (os nenos menores de dous anos non pagan entrada), que deberedes de aboar na Secretaría da Asociación para reservar a praza.

Ademais é moi recomendable vir con calzado deportivo e no caso de que chova, esperemos que non!, por favor traede calzado e roupa impermeable.

A actividade vai dirixida a tod@s @s soci@s da Asociación. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 29 de outubro e realizar o pago da entrada da visita á Casa Grande de Xanceda, xa que as prazas son limitadas.

 

Axenda

Novembro 2017
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos