Desde a nova Xunta Directiva de Xacarandaina queremos informar a todas as socias e socios da Asociación a posibilidade de colaborar con nós na mellora do funcionamento da mesma, participando nas diferentes comisións que todos os anos propoñemos coa idea de que cada un/unha de nós poña o seu gran de area co fin de conseguir unha Asociación na que todas e todos participemos.
Nesta mesma carta indicamos as diferentes comisións que propoñemos para o mellor funcionamento da Asociación, aínda que estamos á disposición de todas e todos os que queiran realizar algunha suxestión, tanto sobre as comisións como sobre o funcionamento da Asociación. A continuación detallamos as comisións propostas:
- Comisión de sendeirismo. XacAndaina.
- Comisión de campamentos.
- Comisión de Foliada-Romaría do Lecer.
- Comisión de prensa e traducción.
- Comisión do arquivo audiovisual.
- Comisión de festas (Magosto, Nadal, Entroido).
- Comisión de visitas culturais – Xacaculturais.
- Comisión de xestión, organización e repartición de vestiario dos grupos.
- Comisión de reparación da roupa.
- Comisión de concursos.
Para calquera dúbida, para manifestar o voso interese ou para realizar algunha suxestión, podes poñerte en contacto con nós a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , por teléfono no 981 277 315 ou na secretaría da Asociación.
O sábado 22 de Otubro ás 11.30 horas terá lugar unha reunión informativa á que pregamos a vosa asistencia. No caso de que alguén non puidera asistir e desexe formar parte dalgunha comisión pode poñerse en contacto con nós a través dos medios indicados no parágrafo anterior.
Xacarandaina somos todas e todos! Precisamos da vosa colaboración!
Saúdos,
Alberto Domínguez Granero.
Presidente da A.C. Xacarandaina