Xacarandaina

Estás en: Inicio Espectáculos Etnográficos Prestixio

Prestixio (2004-2008)

prestixio

«Prestixio» é un espectáculo de música e baile tradicional co que se pretende dignificar unha das rexións do país máis interesantes: Bergantiños e a Costa da Morte. A súa situación xeográfica fai desta comarca unha zona illada, contribuíndo así á conservación de gran número de tradicións, que resaltan a súa singularidade e o seu enxebrismo. Este espectáculo de Xacarandaina é froito dun intenso traballo que a compañía vén realizando desde hai case trinta anos en Bergantiños e, en especial, na Costa da Morte.

Ver Galería Fotográfica

O programa do sexto espectáculo etnográfico de Xacarandaina é o seguinte:

    Primeira parte:

  1. Canto de camiño
  2. Maneo
  3. Xota
  4. Regueifa
  5. Muiñeira baixa
  6. Ribeirana
  7. Maitines
  8. Muiñeira e Xota
  9. Cantos na taberna
  10. Comparsa,Madamitos e Guardineros

    Segunda parte:

  1. Danza de paos
  2. Tocatas de acordeón
  3. Cantos de San Xoán
  4. Xota cruñesa
  5. Alborada
  6. Cantos de traballo
  7. Pandeiretada
  8. Cantareas
  9. Danza de espadas
  10. Muiñeira Corrida
 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos