- Descarrega aquí o Trítipco Actividades do curso 2022-2023
QUE TRAER
- Novos Socios: dúas fotos e número IBAN
- Socios: lembra o teu nº de socio e matricúlate nas actividades que queiras!
RESUMO DE CONDICIÓNS
A continuación presentamos un resumo das condicións para este curso:
CONDICIÓNS ECONÓMICAS
- Socios:Socios/as: terán que aboar unha cota anual de 22 €, ben de forma fraccionada, en dous pagos de 11 € cada un (Setembro e Febreiro) ou de xeito íntegro no momento da matriculación. Os/as socios/as están exentos de pagar matrícula, ademais de obter descontos nas actividades. Ser socio/a non implica a asistencia ás actividades. Darse de baixa das actividades non supón a baixa de socio/
DESCONTOS
- Obterás descontos se asistes a máis de 1 actividade, tendo 1€ de desconto en cada unha delas. Se vides en familia a varias actividades (pais/nais; fillos/as e irmáns), obteredes tamén un desconto de 1€ en cada actividade á que asistades, sempre que o pago sexa dende o mesmo número de conta.
- Na cota anual de socios, tamén as familias agrupadas no mesmo número de conta reciben este desconto cada un/unha. Terás prioridade como soci@ á hora de anotarse, a primeira semana de inscrición é exclusiva para vós
CANDO PAGO AS MIÑAS COTAS?
- O abono das cotas pasarase anualmente no mes de setembro, agás @s nov@s soci@s que o farán xunto coa primeira mensualidade das actividades. O recibo de actividades domiciliarase no teu banco na primeira semana de cada mes.
BAIXA DE SOCIO OU ACTIVIDADES
- O proceso é o mesmo, deberás cubrir un formulario dispoñible no local social ou solicitalo por mail.
- No caso das actividades, terás que dar aviso antes do día 25 de cada mes para que non se xenere o seguinte
recibo. Para a baixa de soci@, terás que avisar antes do 25 de agosto e entregar o teu carné
HORARIO 2022-2023:
O horario en setembro:
Inscricións preferente para socios: A partir do 1 de setembro
- de luns a venres de 09:00h a 14:00h e de 16.00h a 19.00h. Por correo electrónico, indicando o número de socio e actividade.
Inscricións para os novos socios: a paritir do 8 de setembro:
- mesmo horario, exclusivamente no local socail.
Durante o resto do curso:
- mañá de 9.00h a 14.00h
- tarde de 16:30 h a 22.30 h
- sábados: de 10.00h a 14.00h.