Tras o éxito da pasada tempada, a Asociación Cultural Xacarandaina convoca a 1ª etapa do Camiño de AIRE MAREIRO deste curso 2015-2016 que se realizará o 13 de decembro percorrendo 20 km. de Laxe a Arou.
Retomamos o noso camiño de novo, para os que xa participaron con nós a pasada tempada e para toda aquela persoa que desexe unirse. Xacarandaina segue a realizar a Ruta dos Faros seguindo o Camiño do curso pasado e recorrendo toda a Costa da Morte. A primeira etapa deste curso 2015-2016 será Laxe-Arou percorrendo 20 km.
A inscrición debe realizarse a partir do 23 de novembro e o remate da mesma, así como o derradeiro día de pago será o 11 de decembro. No caso de ausencia o día da ruta non se devolverá o importe.
Os asistentes a todas as rutas desta tempada, terán o autobús gratuíto na derradeira andaina.
Datos de interese:
- Presentación no Pazo da Ópera: 07:45.
- Saída ás 08:00 con moita puntualidade.
- Comida non incluída.
- Prazas limitadas.
- Prezos:
- Soci@s: 18 euros.
- Non soci@s: 20 euros.
- Recomendacións:
- Roupa cómoda e calzado de trecking.
- Roupa de abrigo e impermeable.
- Chaleco reflectante.
- Comida e auga.
- Protección solar.
- Lanterna ou frontal.
- Mochila.
- Roupa de reposto.
Adxuntamos calendario orientativo das andainas para todo o curso. Pode cambiar lixeiramente por motivos climatolóxicos ou persoais da organización.