Xacarandaina

Estás en: Inicio

Xacaculturais

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s os soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar unha visita guiada sobre a exposición ‘O bosque’ os días:

  • 9 de outubro ás 18:00 h. nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, para adultos.
  • 10 de outubro ás 11:00 h. nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, para nen@s.

Como funciona unha árbore? Como se crea o humus? Que é a madeira? Os bosques son os ecosistemas terrestres con maior biodiversidade do mundo. Son unha reserva medioambiental onde se conserva o patrimonio xenético de miles de millóns de anos de evolución. As árbores regulan a humidade e a temperatura, manteñen en funcionamento o ciclo do auga, purifican o aire, favorecen a formación de humus e protexen da erosión. A exposición realiza un percorrido polo complexo ecosistema chamado bosque.

A actividade vai dirixida a tod@s @s soci@s. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 8 de outubro, xa que as prazas son limitadas. 

Actividade gratuíta!

Aprende e divírtete con Xaca!


Xacaculturais: O Bosque

Ligazóns: O Bosque


 

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos