A Coruña, 27 de Agosto de 2015
Convócase a todas as socias e socios á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o día 27 de setembro de 2015, domingo, no local da asociación sendo:
• 19:00 h. en primeira convocatoria.
• 19:30 h. en segunda convocatoria.
coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior, que estará exposta para a súa lectura no local social, os 15 días previos á asemblea.
2. Exame de contas e balance.
3. Informe das actividades do CATL Xacarandaina.
4. Informe das actividades do GMBT Xacarandaina.
5. Informe das actividades de carácter aberto da Asociación.
6. Elección dos seguintes cargos da Xunta Directiva:
a. Presidencia
b. Secretaría
c. Vogalía do Grupo de Música e Baile Tradicional
7. Suxestións, rogos e preguntas.
Segundo o artigo 33º, na convocatoria da Asemblea establecerase un prazo de dez días naturais no que se poderán presentar á secretaría da Xunta Directiva as candidaturas e as súas programacións se as houbera.
A secretaria, A presidenta,
Ligazón: carta asemblea en pdf