Xacarandaina

Estás en: Inicio

5ª Etapa de Vento Mareiro

Tras o éxito das primeiras etapas, a Asociación Cultural Xacarandaina convoca a 5ª etapa do Camiño de AIRE MAREIRO que se realizará o 12 de abril percorrendo 20 km. desde a Aldea do Roncudo ata as Grelas.


 Este ano chegaremos a Fisterra camiñando pola costa galega. Esta é a quinta das etapas que, despois de realizar a andaina de Coruña-Caión, Caión-Malpica, Malpica-Punta Nariga, Punta Nariga-Corme, retomaremos o camiño na aldea do Roncudo. No traxecto atoparemos tramos similares ás etapas anteriores, aínda que tamén haberá estradas e praia. Chegaremos ata as Grelas, recorrendo 20 km.

A inscrición debe realizarse a partir do 26 de marzo e o remate da mesma, así como o derradeiro día de pago será o 10 de abril. No caso de ausencia o día da ruta non se devolverá o importe.

Os asistentes a todas as rutas desta tempada, terán o autobús gratuíto na derradeira andaina.

  - Datos de interese:

  • Presentación no Pazo da Ópera: 07:45 h.
  • Saída ás 08:00 con moita puntualidade.
  • Hora de regreso aproximada: 18:00 h.
  • Comida non incluída.
  • Prazas limitadas.


- Prezos: 

  • Soci@s: 17 euros
  • Non soci@s: 19 euros

- Recomendacións: 

  • Roupa cómoda e calzado de trecking. Evitar calzado sinxelo deportivo coa parte de abaixo lisa.
  • Roupa de abrigo e impermeable.
  • Roupa de augas.
  • Chaleco reflectante.
  • Comida e auga.
  • Protección solar.
  • Lanterna ou frontal.
  • Mochila.
  • Roupa de reposto.
5ª Etapa de Aire Mareiro

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos