Xacarandaina

Estás en: Inicio

Chega a Gala do Patrimonio Inmaterial!

Este sábado 28 de marzo ás 21:30 horas temos unha cita no Teatro Colón de A Coruña para asistir á Gala do Patrimonio Inmaterial de Galicia.

O teu apoio é fundamental e entre todos faremos posible a candidatura do "Baile e Música de Galicia" como Ben de Interese Cultural ante o Ministerio de Cultura e Patrimonio Inmaterial da Humanidade ante a UNESCO.

Ónde mercar as entradas? Xa están á venda, custan 10€ e na semana do evento 12€.

Podédelas mercar:

  • Na billeteira do Teatro Colón, na billeteira da Praza de Ourense ou no Centro Sociocultural A Fundación
  • No teléfono 902 504 500
  • Por internet cunha comisión de 1,60€ nesta ligazón: ataquilla

Continuando cos actos previos, hoxe día 25 de marzo foi a presentación ante os medios desta Gala do Patrimonio Inmaterial, a que asistiron Henrique Peón, Ana Fernández e Fátima Freire. Damos grazas ó Teatro Colón pola fotografía que acompaña estas liñas:


Presentación aos medios da Gala do Patrimonio Inmaterial Xacarandaina

Ligazóns: Axenda de Cultura de Galicia | Teatro Colón | Entradas ataquilla | VIVIRNACORUÑA

 

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos