Este sábado 28 de marzo ás 21:30 horas temos unha cita no Teatro Colón de A Coruña para asistir á Gala do Patrimonio Inmaterial de Galicia.
O teu apoio é fundamental e entre todos faremos posible a candidatura do "Baile e Música de Galicia" como Ben de Interese Cultural ante o Ministerio de Cultura e Patrimonio Inmaterial da Humanidade ante a UNESCO.
Ónde mercar as entradas? Xa están á venda, custan 10€ e na semana do evento 12€.
Podédelas mercar:
- Na billeteira do Teatro Colón, na billeteira da Praza de Ourense ou no Centro Sociocultural A Fundación
- No teléfono 902 504 500
- Por internet cunha comisión de 1,60€ nesta ligazón: ataquilla
Continuando cos actos previos, hoxe día 25 de marzo foi a presentación ante os medios desta Gala do Patrimonio Inmaterial, a que asistiron Henrique Peón, Ana Fernández e Fátima Freire. Damos grazas ó Teatro Colón pola fotografía que acompaña estas liñas:
Ligazóns: Axenda de Cultura de Galicia | Teatro Colón | Entradas ataquilla | VIVIRNACORUÑA