Xacarandaina

Estás en: Inicio

"O primeiro Picasso" para nenos

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s os soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar unha visita guiada sobre a exposición 'O Primeiro Picasso. A Coruña 2015’ o día 11 de abril ás 12:00 h. no museo de Belas Artes da Coruña.

 A exposición O primeiro Picasso. A Coruña 2015 ofrécenos unha análise pormenorizada dunha etapa senlleira na súa formación. Resulta imprescincible estudar con detalle as experiencias e ensinanzas colleitadas neses anos cruciais para poder comprender dun xeito máis profundo a repercusión que tivo a súa obra. 

Non obstante, a relación de Picasso coa Coruña é un dos períodos máis descoñecidos, e aínda non foi obxecto dunha exposición en exclusiva. As obras nunca se amosaron ao público dunha maneira illada, senón integradas dentro da súa etapa de xuventude, compartindo protagonismo coa produción levada a cabo en Málaga ou Barcelona. Polo tanto, esta supón unha extraordinaria oportunidade para comprender a súa repercusión e descubrir con detalle os seus recantos máis agochados.

 Os primeiros óleos, debuxos ou simples bosquexos serán o fío condutor para ir coñecendo mellor as peculiaridades da súa etapa coruñesa. Ademais, todo iso verase complementado con outras obras e material diverso, para así favorecer unha visión panorámica das súas vivencias, estudos académicos e influencias. Polo tanto, serán catro os grandes eixos artísticos a través dos cales se artellará a mostra:

 - Obra de Picasso na Coruña, desde a súa chegada en outubro de 1891 ata a súa marcha en abril de 1895.

- Obra de Picasso posterior ao seu paso pola Coruña, que garda relación coa súa estancia en Galicia.

- Diversos obxectos que pretenden recrear e ambientar a realidade social e política coruñesa de finais do século XIX, a través de postais, fotografías, carteis ou xornais, e incluso elementos vencellados coa formación de Picasso naqueles anos.

- Obra de pintores galegos contemporáneos, que supuxeron unha referencia para el durante aqueles anos. MÁIS INFORMACIÓN

 

A actividade vai dirixida aos nen@s a partir de 4 anos. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 10 de abril, xa que as prazas son limitadas. Durante a actividade estarán acompañad@s de vari@s monitor@s en todo momento.

 

Actividade gratuíta!! Aprende e divírtete con Xaca!


O primeiro Picasso. Exposicíon para nenos. Xacarandaina

 

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos