Xacarandaina

Estás en: Inicio Grupo

Xacaculturais: Victor Said Armesto

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s os nen@s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar un taller sobre Víctor Said Armesto o día 7 de marzo de 12:00 h. a 13:30 h. na Fundación Barrié.


A Fundación Barrié promove un Programa didáctico sobre “Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre”. Víctor Said Armesto foi unha persoa moi curiosa que dedicou a súa vida a observar e documentar a contorna da Galicia de principios do século XX, ademais de crear obras moi destacadas en distintos campos artísticos. Neste percorrido polo museo seguiremos o seu exemplo e converterémonos en exploradores: armados co noso caderno de recolleita de datos, iremos documentando os nosos descubrimentos na sala de exposicións. Cantaremos cancións tradicionais, falaremos da cultura de Galicia, e reflexionaremos sobre como era o día a día da xente que, como o noso amigo Víctor, viviu fai xa moitos anos.

 No espazo do taller compartiremos unha coñecida lenda tradicional moi querida para o protagonista da mostra, e inspirarémonos nela para crear unha versión en tira cómica. A literatura oral achégase así aos nenos e nenas da man dun formato atractivo e moderno que facilitará a súa capacidade de síntese, estimulará a súa creatividade e fomentará o seu interese pola arte en todas as súas facetas.

 A actividade vai dirixida aos nen@s a partir de 4 anos. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 4 de marzo, xa que as prazas son limitadas. Durante a actividade estarán acompañad@s de vari@s monitor@s en todo momento.

  

Actividade gratuíta!!


Aprende e divírtete con Xaca!

Xacaculturais

 

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos