Xacarandaina

Estás en: Inicio

4ª etapa de AIRE MAREIRO

Tras o éxito das primeiras etapas, a Asociación Cultural Xacarandaina convoca a 4ª etapa do Camiño de AIRE MAREIRO que se realizará o 8 de marzo percorrendo 20 km. de Punta Nariga a Corme.

Este ano chegaremos a Fisterra camiñando pola costa galega. Esta é a cuarta das etapas que, despois de realizar a andaina de Coruña-Caión, Caión-Malpica, Malpica-Punta Nariga retomaremos o camiño en Punta Nariga. A ruta seguirá por sendeiros pequenos, pasando por pequenas aldeas e chegaremos a Corme, recorrendo 20 km. Durante o percorrido non contamos con ningún bar polo que é moi importante levar a comida.

 A inscrición debe realizarse a partir do 16 de febreiro e o remate da mesma, así como o derradeiro día de pago será o 6 de marzo. No caso de ausencia o día da ruta non se devolverá o importe.

Os asistentes a todas as rutas desta tempada, terán o autobús gratuíto na derradeira andaina.

Datos de interese:

  • Presentación no Pazo da Ópera: 07:45 h.
  • Saída ás 08:00 con moita puntualidade.
  • Hora de regreso aproximada: 18:00 h.
  • Comida non incluída.
  • Prazas limitadas.

Prezos:

  • Soci@s: 16 euros
  • Non soci@s: 18 euros

Recomendacións:

  • Roupa cómoda e calzado de trecking. Evitar calzado sinxelo deportivo coa parte de abaixo lisa.
  • Roupa de abrigo e impermeable.
  • Roupa de augas.
  • Chaleco reflectante.
  • Comida e auga.
  • Protección solar.
  • Lanterna ou frontal.
  • Mochila.
  • Roupa de reposto.
Vento Mareiro en Xacarandaina


 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos