Tras o éxito das primeiras etapas, a Asociación Cultural Xacarandaina convoca a 4ª etapa do Camiño de AIRE MAREIRO que se realizará o 8 de marzo percorrendo 20 km. de Punta Nariga a Corme.
Este ano chegaremos a Fisterra camiñando pola costa galega. Esta é a cuarta das etapas que, despois de realizar a andaina de Coruña-Caión, Caión-Malpica, Malpica-Punta Nariga retomaremos o camiño en Punta Nariga. A ruta seguirá por sendeiros pequenos, pasando por pequenas aldeas e chegaremos a Corme, recorrendo 20 km. Durante o percorrido non contamos con ningún bar polo que é moi importante levar a comida.
A inscrición debe realizarse a partir do 16 de febreiro e o remate da mesma, así como o derradeiro día de pago será o 6 de marzo. No caso de ausencia o día da ruta non se devolverá o importe.
Os asistentes a todas as rutas desta tempada, terán o autobús gratuíto na derradeira andaina.
Datos de interese:
- Presentación no Pazo da Ópera: 07:45 h.
- Saída ás 08:00 con moita puntualidade.
- Hora de regreso aproximada: 18:00 h.
- Comida non incluída.
- Prazas limitadas.
Prezos:
- Soci@s: 16 euros
- Non soci@s: 18 euros
Recomendacións:
- Roupa cómoda e calzado de trecking. Evitar calzado sinxelo deportivo coa parte de abaixo lisa.
- Roupa de abrigo e impermeable.
- Roupa de augas.
- Chaleco reflectante.
- Comida e auga.
- Protección solar.
- Lanterna ou frontal.
- Mochila.
- Roupa de reposto.